LIRENS: Fito (2), Manu (3), Juan (3), Lolo (3), Borja (3), Victor (3), Jose (2), Chema (2), Carballo (3), Diego (1) e Amador (1). Na segunda metade entraron David (3), Faco (2), Rober (3) e Roberto (2).
Derradeiro partido en Lira da temporada ante o equipo do Pesqueiras, onde o equipo local estabase a xogar o posible ascenso de categoria. Comezou o encontro con claro dominio do Lirens, si ben sin controlar o xogo. Chegou o gol do Castelo nun lanzamento dende o medio-campo que Fito tragou por riba cando podia facer algo mais. Así rematou a primeira metade, co que se facia previsible que se ia sufrir para acadar a victoria.
Na segunda metade, os cambios realizados fixeron efecto e o Lirens comezou a gozar de oportunidades. Así nun erro do porteiro visitante Rober conseguiu empata-lo partido. Pouco despois sucederonse os goles locais, facendo un partido moi sinxelo ata o remate do mesmo.