widgets
.
   
 
  TEMPORADA 2009-10
 

FIN DE TEMPORADA 2009/10
Videos tu.tv


   


    Chegou o remate da tempada, momento de analizar todo o acontecido durante este ano ke estivemos xuntos. Coma sempre teremos que quedarnos cos bos momentos e descartar os malos, ainda que penso que pasamos unha moi boa tempada .

    Comezaremos pola DIRECTIVA.- só queda agradecer o enorme traballo que durante o ano levaron os integrantes da directiva para que nos poideramos disfrutar das tardes do domingo. O Presidente acudindo sempre que o tempo llo permitía, apoiando sempre que era preciso, felicitando a plantilla no vestuario cando o merecía. Non queremos desaproveitar este intre para sinala-la perda que supuso o falecemento da sua dona
nos ultimos intres da campaña, dende eiqui queremos enviarlle o noso presidente unha forte aperta e darlle animos para seguir adiante.
Fernando sempre estivo presente en todolos adestramentos e nos partidos, amosando un elevado grado de compromiso co equipo, sufrindo xunto con nos durante os encontros. Hai que tirarlle das ourellas, pois nos ultimos adestramentos non era tan puntual coma o principio, pero todo e perdoable a un aficionado merengue que pasou unha mala tempada.
Checho: que dicir del; o Lirens non seria quen é sin a sua presenza. Sempre atento a que na Cantina se agotase a cervexa, sempre nos preguntaremos como non lle deu un infarto durante algun partido; Anima-lo a seguir asi, apoiando incondicionalmente o equipo (tamen hai que agradecerlle a sua pacencia a sua dona).
Jacinto: o seu caracter serio e reponsable deu un toque de seriedade a un equipo que nalguns intres semellaba un conxunto de colexio. Outro dos que se sacrificou por riba dos seus intereses.
Ernesto: a sua cordialidade foi un aliciente para chegar o fin de tempada con optimismo. Xunto con Fernando un dos que mais cerca estaba dos xogadores (e da cantina).
Saborido: si de Jacinto reseñamos a sua seriedade que dicir de Saborido; outro dos compoñentes da directiva que lle da firmeza a mesma.

Roberto: outro dos asiduos nas gradas animando o conxunto. Ainda que si algo recordaremos e a forte parella que fai con Fernando no futbolin de O Carballo (non saberia ken dos dous ten a culpa de tantas victorias acadadas).

    A AFECCIÓN: fiel durante toda a tempada, foi bastante escasa no seus comezos para amosarse moi unida o conxunto  nos ultimos encontros. Haberia que sinalar a algunha señora que cos seus gritos dende a grada animaba constantemente o equipo, as veces con bastante guasa. Foi decisiva na ultima parte da liga para colleitar moitos puntos.

    O EQUIPO: en conxunto
foi de menos a mais, para rematar de forma excelente a campaña. Deunos moitisimas alegrias, e algunha pequena decepción. Si buscasemos un calificativo para definilo, seria o magnifico compañerismo que nos atopamos entre todolos xogadores.
FITO: o mellor porteiro que podia haber tido este equipo, con actuacións increibles axudounos sin ningunha dubida a gañar moitisimos partidos. A suas estiradas a lanzamentos lonxanos facian unha ledicia ver alguns partidos; agas o partido de Louredo e o de Rubios, inmellorable.
ROBERTO: o porteiro na sombra, suplente durante caseque toda a tempada, cumpriu coma o mellor do plantel. Acudindo a todolos encontros, nunca tivo ningunha verba de desanimo cara os seus compañeiros, a pesares de sufrir moitos partidos dende o banquillo. Nos encontros que xogou fixo intervención meritorias, con paradas relevantes coma contra o Louredo ou Vilasobroso.
LORENZO: xogador que xunto con Fito foron os mais regulares de todo o ano. Un dos mellores laterales da categoria, sin notarse para nada a sua idade. Por enriba, exemplo para todos en puntualidade tanto nos adestramentos coma nos encontros, e un dos mais cumpridores nos adestramentos.
CHEMA: a vangancia personificada, pero que despois nos encontros cumpria por encima de todos. Foi o central sobre o que xirou toda a defensa, na nosa retina sempre quedara o balón que lle arrebatou no ultimo intre o dianteiro do Crecentense cando se ia cara a nosa porta.
SABORIDO: o xogador sobre o que xiraba o noso equipo, cunhas caracteristicas inmellorables para ter un libre de confianza. Magoa que se lesionase no primeiro encontro co Progresista, rompeunos os esquemas.

MANU: o capitan do equipo foi outro dos regulares do plantel. Serio e contundente, aportou estabilidade. Tivo que sacrificarse e xogar caseque todo o ano na defensa, cando a sua posición era a de mediocampista. Tal vez o pilar sobre o que se forma o Lirens.
RUBEN: os kilos de mais fanlle moverse con parsimonia pola sua banda (os aires de Fozara alimentan o seu espiritu). Outro dos animantes do equipo, cachondeo e sindicalismo por riba de todo. Foi un lateral de contundencia.
JOSE: o millor xogador da terceira rexional, interior cun potencial ainda por explotar, chegou o remate da tempada moi baixo fisicamente (os novos bares da zoa poideron ter algo que ver)
MANUEL: comezou xogando na dianteira, pero tardamos en darnos conta de que a sua rapidez de tartaruga non pegaba con esa posición. A sua recolocación no medio campo deulle conxintencia a zoa, con presión constante e movilidade do balón. Un dos cauxantes das nove victorias consecutivas acadadas.

 

FACO: outra alma do equipo, o seu sacrificio e loita constante fai que o centro do campo sexa forte defensivamente. Pasalle coma a Ruben, os cocidos afectanlle sobremaneira.
DAVID: un fenomeno en velocidade e control do balon. Comezou a tempada titubeante, para despois desganarse por completo, acudindo os encontros sin motivación algunha. Foi cambiarlle esta actitude e voltar a contar cun un fenomeno na dianteira. A sua presión e esforzo permitiu victorias importantes coma a de Fornelos ou Cañiza.
ANXO: semellante o anterior, cunha calidade altisima pero que apenas amosou durante o ano. O mellor partido contra o Fornelos, onde amosou rapidez e esforzo.
TOÑO: tivo pouca continuidade no equipo, motivado polas lesións. Aportou rapidez e presión cando foi preciso; o seu gol en Nespereira permitiu gañar un partido que se estaba a por dificil.
VICTOR LOPEZ: o rachador do equipo, un xogador cunhas caracteristicas tecnicas .... sen palabras. pero cunha capacidade fisica tremenda, loitador incansable, fai a sua banda inpenetrable.
NICO: non foi regular, faltando a moitos encontros, ainda que nos que estivo mostrou que era un xogador a ter en conta.
MOI: prometia moito nos primeiros adestramentos, pero quizais a faia de pacencia para entrar no once inicial fixolle perder a confianza no equipo e que rematase por deixar o equipo.
VICTOR: outro dos xogadores que non tivo moita continuidade; loitador, bastante tecnico pero que non estaba no seu mellor momento de forma.
MOISES: un dos xogadores con mellor tecnica da plantilla: O ser de Fozara, o aire respirado hinchaballe o bandullo. Cos ultimos encontros demostrou que foi un erro non haberlle dado mais continuidade no equipo.
MARTIN: esperabase moitisimo mais del, pola sua xuventude e forma fisica. Non demostrou todo o que se esperaba del, non aproveitando as ocasión que se lle deron para iso.
KEÑI: a sua perda o irse a traballar fora notouna o equipo en demasia. Votamos de menos non haber contado con el o final de tempada, cando se cambiou o sistema de xogo, seria o enlace que se houbera precisado.
VERO: outro intermitente do Lirens, cunha calidade por riba da media, faltou caseque toda a tempada, non acudindo a maioria dos adestramentos. Ainda asi hai que reseñar os bos encontros que xogou este ano.


    En resumo, unha moi boa tempada que rematou co Lirens na carta posición a tan só dous puntos do Cañiza. O cambio de sistema, coa recolocación de Manuel no medio-centro, e sobre todo a explosión dos dianteiros Anxo e David permitiunos acadar nove triunfos consecutivos. Felicitar a todos por estes logros e animarvos a que o próximo ano sigades dando estas alegrias.

CLASIFICACION TEMPORADA 2010/11




  c     ddd        
1 NIEVES C.F. 30 25 3 2 73 21 78
2 CAÑIZA C.F. 30 22 6 2 80 25 72
3 ALPINISTA PADRONES 30 21 6 3 77 31 69
4 F.C. XINZO 30 16 8 6 82 39 56
5 S.D.CASTELO 30 14 7 9 48 35 49
6 ALERTA SANGUIÑEDA 30 13 6 11 47 44 45
7 C.D. SAN JUAN DE RUBIOS 30 10 7 13 53 72 40
8 C.D. LOUREDO 30 10 10 10 41 40 40
9 S.D. PONTEAREAS 30 8 13 9 47 42 37
10 AG.D. VILASOBROSO 30 9 8 13 55 64 35
11 C.D. NESPEREIRA 30 7 13 10 49 52 31
12 LIRENS C.F. 30 8 6 16 41 75 30
13 BARCIADEMERA C.F. 30 7 6 17 41 72 27
14 A.C.D.CUMIAR 30 6 5 19 28 58 23
15 CULTURAL AREAS B" 30 3 6 21 56 97 15
16 S.D. OLIVEIRA 30 1 10 19 34 85 13
No terreo deportivo poderiamos calificar coma moi mala a tempada disputada neste ano polo equipo de Lira, onde mostrou durante todo o ano a sua irregularidade. Tras partir dun meritorio terceiro posto do ano pasado, o presente o equipo caiu o precipicio sen que ningún paracaidas poidese amortiguar un pouco a sua devacle. Moitas causas se buscaron para xustificar tan pésimos resultados sen atopar pese os cambios que se fixeron as solucións oportunas: o cambio de adestrador cando ian transcurridas poucas xornadas en vez de mellora-los resultados foron empeorandose continuamente, vendo coma o equipo que enton estaba a tres ou catro puntos do carto clasificado coma se afundia na taboa clasificatoria; tampouco se logrou nada cos novos fichaxes. Quizais foron demasiados cambios dun ano para outro xa que deixaron o equipo moitos xogadores (Josiño, Ruben, Manuel, Keñi, Vero, Chema, Moi, Toño, Victor, ...) e algúns dos que quedaron non chegaron o nivel do pasado ano (Faco, Moises, Lorenzo, Fito, ...), ainda que algúns aportaron moito mais.

      DIRECTIVA.- fixo o seu traballo, ainda que coma todo cando os malos resultados asomanse a sua presenza tamen na acompañou. Nada que reporcharlles cando vian que o equipo non se implicaba o suficiente coma para animalo con mais insistencia.

     ADESTRADORES.- tras un inicio do campionato onde o equipo foi comandado por Julio, mudouse e fixose cargo Amador axudado polo seu irman no que se intentaba fose un cambio de orientación ante os últimos resultados colleitados. Erro maiúsculo que os resultados vindeiros viñeron a confirmar, o Lirens en contra de mellorar foi empeorando ata ocupar as derradeiras posicións. Algúns que no seu día criticaban a labor de Julio tiveron que darse conta de que o mal non estaba nese lugar, e deberon buscalas noutro. Polo que lles toca os últimos que supliron a aquel só se podería calificar a sua labor de bastante mediocre pois en ningun intre conseguiron motivar o suficiente o equipo para que levantase un pouco o ánimo para sair dos ultimos postos. O afeccionado que acudia a ver o partido facía quinielas para averiguar a alineacion de cada domingo, e ainda máis, a posición de cada xogador. Vironse este ano cousas tan sorprendentes coma ver a Raul de central, a Moises de único dianteiro, ...Un dia xogabase con tres defensas, outro con catro, e incluso se xuntaban seis no centro do campo (polo menos os afeccionados poideron ver sistemas que nin se ven nun partido de televisión). A estratexia cero e a preparación física dos xogadores negativa; único reseñable: as continuas críticas que lles dirixían os seus xogadores e as nulas cara si mesmos.
    A AFECCIÓN: moito menos numerosa co ano pasado, pero seguindo apoiando o equipo ainda que só acadara malos resultados. As veces un pensaba que si esta xente fora a doutro equipo moitas veces porían a parir os xogadores polo que facían no campo; pola contra sempre souberon estar no seu sitio, sin menospreciar nunca a ningún dos xogadores. Algo moi loable vendo o comportamento do conxunto en moitas fases do campionato.

    O EQUIPO: un desastre deportivamente falando, en xeral pouca implicacións e gañas para gaña-los partidos. Bastante cumplidores nos adestramentos, non atopamos a maneira de explotar o potencial que deberían ter (todo o que se ensaiaba saía mal). Viase moi blando no centro do campo, onde poucas veces foron capaces de controlar o partido, mostrandose como xogadores sen sangue, que parecía que lles daba igual recibir dous ca dez goles.

FITO: despois da inmellorable tempada do ano pasado, mostrouse moi inseguro durante caseque toda a campaña. Algo que nos sorprendeu moitísimo, xa que semellaba mais un problema de concentración ca de cualidades. Tivo erros notables en partidos coma Vilasobroso, Alerta, ... Foi un mais dos que a campaña se lles fixo eterna, ainda así no remate mostrou sintomas evidentes de recuperación. Con motivación e adestramento o próximo ano será sen dubida o de fai duas tempadas.
ROBERTO: eterno suplente da meta do Lirens, foi un ano mais un dos máis cumpridores en todolos aspectos. Nos ultimos encontros gardou a porteria con solidez e rematou xogando de campo por faia de xogadores.
LORENZO: o seu rendimento foi mermando considerablemente o non poder adestrar con asiduidade, ainda que era un dos seguros do equipo. Unha lesión nun adestramento fixo que non rematase a temporada. O próximo ano será coma con Fito outro dos xogadores sobre o que se forme un forte equipo.
JUAN: foi de menos a mais, as suas carencias técnicas foinas cubrindo con entrega física. Ainda que moitas veces non compartia as indicacións dadas polos adestradores, foinas asimilando e mellorou o seu traballo no campo. Un dos fixos nos adestramentos, a próxima pretempada será un dos que se lles forzará máis para chegar a tope o inicio do campionato.
SABORIDO: quizais o mellor xogador de todo o ano, mostrando unha regularidade por enriba da media. Desquiciado moitas veces co comportamento sobre o terreo dos seus compañeiros foi expulsado por exceso de celo nas suas entradas. Magoa que non estivese Chema no equipo, formaria unha forte muralla defensiva.
MANU: sen ser un xogador tan determinante coma o ano pasado, o capitan do equipo foi un dos poucos que se salvou da queima mostrando bastante regularidade. Precisa de mellorar a sua concentración no encontro e a sua visión dos partidos, pero será outro dos referentes o vindeiro ano.
RUBEN: un dos mais claros exemplos de por que hai que facerlle caso os adestradores: o ano pasado fixose referencia o seu sobrepeso e nada mais comezar a temporada aparecen os problemas de rodilla (e coma si a unha retro lle pos rodas de carretilla). Unha magoa porque a sua ausencia debilitou a defensa considerablente.
GEVI: xunto con Diego o xogador mais vago de todo o plantel; cunha calidade por riba da media só se dedicaba a perder balóns e darlle patadas sen sentido os contrarios. Observandoo continúamente parecia que no minuto cinco de partido se levaran xogando xa os noventa; todo o contrario ca seu irmá. Un dos que lles tocará sufrir en pretempada.
MANUEL: unha lesión na espalda fixo que deixara o equipo na metade da tempada. Baixa moi considerable pola loita que facía no medio-campo. Quizais un dos homes que se precisaban para esa posición.
FACO: despois do enorme sacrificio e loita que amosou o anterior ano, este último non moveu palleta. Asiduo do banquillo, o seu sobrepeso non lle permitia facer grandes cousas. Estivo a piques de marcar un gol contra o Neves... quizais a mellor imaxe que amosou este ano. Tocalle reducir as calorias a partires de xullo e acadar un físico que faga que sexa o medio-centro que lidere o equipo o proximo ano.
DAVID: ainda que baixou un pouco o remate da campaña, foi un continuo loitador dentro dun equipo de marmotas. Moi boa tempada xunto con Anxo, ainda que haberá que traballar a pouca fortuna que ten cara o gol.
ANXO: sen chegar o nivel do anterior, fixo tamen bo ano, acadando mais goles facendo menos esforzo. Debería acudir máis os adestramentos.
AARON: derradeira incorporación o plantel, foi empregado en zoas de interior e dianteira, onde loitaba sen limites.
VICTOR LOPEZ: xunto con Nico e Martin o que mellor evolución tivo respecto o ano pasado. Mellorou notablemente o seu físico facendose dono do seu lateral con facilidade. Hai que sumarlle o golazo que marcou en Cumiar pola escadra dun forte zapatazo (despois tivo que comprar unhas botas novas).
NICO: magoa do pouco compromiso que mostrou durante o campionato co equipo, non acudindo caseque nunca os adestramentos. Isto non foi inconvinte para que ante o pouco nivel do plantel foxe sempre un dos mellores dos partidos.
RAUL: un dos xogadores que se lles ve mais cualidades a explotar; quizais fallalle un pouco o físico, traballando éste será outro dos referentes do vindeiro ano.
VICTOR: outro dos xogadores que non tivo moita continuidade; loitador, bastante tecnico pero que non estaba no seu mellor momento de forma.
MOISES: xunto con Gevi outro dos que durante os encontros non lles viña mal unha silla para disfrutar un pouco mais dos partidos. Amosou a sua calidade pero fisicamente está moi por debaixo do mínimo que se debe ter para xogar un encontro de competición; rematou xogando de dianteiro estilo "manolito", acadando un golazo de cabeza nos ultimos partidos.
MARTIN: a gran decepción do ano pasado e o mellor descubrimento este ano; moi implicado co equipo, amosou moitos detalles técnicos que non se acompañaron cos dos que estaban o seu carón. No remate da liga, tras un rifi-rafe co adestrador deixou de acudir os adestramentos baixando moito o seu rendimento.
BERTOLO: dianteiro que xogou algúns partidos na primeira volta de liga para despois deixa-lo por motivos laborales. As lesións non lle permitiron amosar as suas cualidades con regularidade.
DIEGO: quizais o xogador que mais nos desquiciou durante todo o ano; ver a un xogador que ten tantas cualidades coma éste e que amose tan pouco rendimento mosquea o máis tranquilo. Parecía que xogaba con horchata, a unha velocidade de caracol, con lanzamentos a porta que caseque había que soplarlles para que chegasen. Outro máis que terá que sudar moito no vran.


    Resumindo, tempada para esquecer e só recordar para que non se repita. Animar a todos a comezar a traballar a pretempada próxima con gañas para que o Lirens volte a ser un dos equipos punteiros da categoria.

 
  https://img.webme.com/pic/a/alpinistapadrons/alpininsta.jpg  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis